Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2022

FRASE ILUSTRADOS

VOLTAIRE     François-Marie Arouet, máis coñecido como Voltaire, foi un filósofo, historiador e escritor francés coñecido por ser unha das principais figuras da Ilustración (movemento filosófico e cultural do século XVIII).    As “ Cartas inglesas ” ou “ Cartas filosóficas ” de Voltaire causaron un gran escándalo no momento da súa publicación, en 1734. A idea xeral é presentar a Inglaterra como un país modelo, fronte a unha Francia mergullada na crenza relixiosa.as cartas son ante todo unha defensa da tolerancia relixiosa. Para a burguesía estas cartas non provocaron o escándalo que espertaron na nobreza e, pola contra, foron un dos antecedentes das novas ideas de igualdade e liberdade.    Nestas cartas defínense diversos temas do voltairismo, a reivindicación da liberdade de pensar e de escribir, a curiosidade intelectual e literaria, a filosofía racionalista, crítica histórica e teolóxica, a ironía permanente… Frases:  “No es...

PABLO NERUDA

        "Si nada nos salva de la muerte, al menos que el amor nos salve de la vida."                                        Pablo Neruda    Pablo Neruda, de verdadeiro nome Ricardo Eliezer Neftalí Reyes Basoalto, está considerado como un dos maiores autores do século XX, sendo recoñecido o seu valor e influencia no mundo das letras ao concederlle o Premio Nobel de Literatura en 1971.     Criado no seo dunha familia humilde, Neruda comezou a súa carreira literaria competindo en premios como os Xogos Florais do Maule, onde obtivo o terceiro posto, e colaborando en varias revistas literarias. É nesta época, a partir de 1920, cando decide utilizar o pseudónimo de Pablo Neruda para non molestar ao seu pai, que non estaba entusiasmado polos intereses literarios do seu fillo.   En 19...

SIGNIFICADO DO MEU NOME

         O nome Natalia ten dúas orixes diferentes, aínda que ambos son moi similares e relacionados. O primeiro deles virá do latín e que fai referencia directamente ao Nadal, é dicir, o nome de Natalia podería ser “O día en que naceu Xesús”. Esta é normalmente unha das definicións máis aceptadas.    Por outra banda, os historiadores tamén atoparon un significado que está relacionado coa lingua hebrea, e que se pode traducir como “A que ama vivir”.    O significado bíblico de Natalia é "día de Nadal" e "nacemento", que é o seu significado xeral. Provén da palabra Natale que significa nacemento. Nos seus inicios, este nome adoitaba poñerselles ás persoas que nacían o día de Nadal.     O significado bíblico de Natalia está baseado no "nacemento de Xesús". Un nome que non ten unha aparición propia nas escrituras bíblicas. Este nome gañou moita forza nos países de Europa do Este, especialmente en Polonia. ...