SYLVIA PLATH Na literatura anglosaxona o nome de Sylvia Plath é moi importante. Sin duda, é unha das grandes autoras do século XX. Sylvia Plath naceu en Boston no ano 1932. Foi unha poeta estadounidense, expoñente do xénero confesional. O seu talento para as letras fíxose visible dende moi nova; publicou o seu primeiro poema cando tiña oito anos. O sufrimento foi moi constante na súa vida, xa que se sentía escrava da súa condición de muller. Graduouse no Smith College, onde estudou literatura, e gañou unha bolsa Fulbright para continuar a súa educación na Universidade de Cambridge. Alí coñeceu a Ted Hughes, con quen casou. Algúns acontecementos dolorosos deixaron cicatrices na súa vida: a infidelidade do seu marido, un aborto, traumas infantís, enfermidades e falta de diñeiro para a atención. Finalmente, en 1963, Sylvia suicidouse con gas, e foi Hughes quen se encargou de publicar a súa obra, que foi premiada cun premio Pu...