Ir al contenido principal

FRASE ILUSTRADOS

VOLTAIRE

    François-Marie Arouet, máis coñecido como Voltaire, foi un filósofo, historiador e escritor francés coñecido por ser unha das principais figuras da Ilustración (movemento filosófico e cultural do século XVIII).

   As “Cartas inglesas” ou “Cartas filosóficas” de Voltaire causaron un gran escándalo no momento da súa publicación, en 1734. A idea xeral é presentar a Inglaterra como un país modelo, fronte a unha Francia mergullada na crenza relixiosa.as cartas son ante todo unha defensa da tolerancia relixiosa. Para a burguesía estas cartas non provocaron o escándalo que espertaron na nobreza e, pola contra, foron un dos antecedentes das novas ideas de igualdade e liberdade.

   Nestas cartas defínense diversos temas do voltairismo, a reivindicación da liberdade de pensar e de escribir, a curiosidade intelectual e literaria, a filosofía racionalista, crítica histórica e teolóxica, a ironía permanente…


Frases: 

  • “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tu derecho a expresarlo” 

    Esta famosa frase de Voltaire trata o valor do respecto e a tolerancia, ademais do dereito á liberdade de expresión. A liberdade de expresión debería ser sagrada sempre e cando se use de maneira correcta.

    Esta frase podemos atopala nunha biografía de Voltaire titulada “Los amigos de Voltaire”, é habitual que esta cita vaia acompañada polo lema “Como dixo Voltaire…”, atribuíndolla erróneamente ao célebre filósofo e escritor francés Voltaire. Foi a propia Evelyn Beatrice Hall quen a pronunciou por primera vez e adoitaba usala ilustrativamente cando quería referirse ao modo de pensar, crer e vivir do filósofo ao que tanto admirou.


  • “Decimos una necedad y a fuerza de repetirla acabamos creyéndola”

    Esta frase de Voltaire trata sobre que ao repetir unha cousa varias veces e insistir, acabamos creendoa ainda que non seña verdade.


  • “Los pueblos a quienes no se hace justicia se la toman por sí mismos más pronto o más tarde”

 

  • “La escritura es la pintura de la voz”

    Esta frase de Voltaire usa unha metáfora que principalmente transmite que a escritura é a forma que temos para expresar os nosos pensamentos. 


MONTESQUIEU

    Montesquieu é un dos pensadores máis importantes do século XVIII en Europa occidental. O seu pensamento e corrente ideolóxica foi algo polémica, foi defensor dos dereitos civís e políticos, ademais defendeu o sistema monárquico (liberal) como o modelo máis equilibrado para garantir o progreso e a estabilidade dunha sociedade.

   Hacia 1717 publicouse “Cartas persas”, unha novela epistolar satírica escrita por Charles Louis de Secondat, barón de Montesquieu. Esta obra é un referente nas orixes da socioloxía, ademais de ser un exemplo de crítica social e política de finais do reinado de Luís XIV, moi propia da Ilustración que cuestionaba os principios do Antigo Réxime.

   “Cartas persas” é un libro irónico, onde a través da mirada oriental dos seus protagonistas se critican os usos e costumes occidentais, recorrendo ás veces ao humor negro e ridiculizando constantemente a corte francesa.


Frases:

  • “Si los triángulos hicieran un Dios, lo idearon con tres lados”

   Montesquieu pretende facer unha descrición do ser divino.


  • “Queremos ser más felices que los demás, y eso es dificilísimo, porque siempre les imaginamos mucho más felices de lo que son en realidad”

   Con esta frase, podemos preguntarnos sobre a verdadeira "felicidade", para cada ser humano é diferente xa que o que lle dá moita "felicidade" a un a outros non, co que nunca saberemos se somos "máis felices" que outras persoas. 


  • “La injusticia hecha a uno solo es una amenaza dirigida a todos”


JEAN-JACQUES ROUSSEAU

   Jean-Jacques Rousseau foi un filósofo, escritor e compositor galopio do século XVIII. A súa filosofía política influíu na Ilustración en Francia e en toda Europa, así como en aspectos da Revolución Francesa e no desenvolvemento xeral do pensamento político e educativo moderno.


Frases:

  • “Hay un libro abierto siempre para todos los ojos: la naturaleza”

Esta frase quere dicir que sempre a vida nos enseña algo, sempre estamos aprendendo.


  • “No conozco mayor enemigo del hombre que el que es amigo de todo el mundo”

Non é bo amigo teu unha persoa que lle conta todo aos outros.


  • “El hombre que más ha vivido no es aquel que más años ha cumplido, sino aquel que más ha experimentado la vida”

Non por ter máis anos tes máis experiencia, senon por todo polo que pasaches na vida.


  • “Un buen padre vale por cien maestros”

Os pais como xa pasaron por varias etapas da vida xa foron aprendendo dos seus feitos para ensinar aos seus fillos a que non cometan os mesmos erros.


Comentarios