UCRANIA
Rusia é a nación máis grande da terra, un verdadeiro continente. O seu territorio esténdese desde o centro de Europa ata o final de Asia. Durante gran parte do século XX, Rusia existiu dentro dun estado aínda máis grande chamado Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS). Este estado naceu cando, tras a Revolución de 1917, o Imperio dos tsares rusos derrubouse e un importante número de países xurdiu das súas cinzas: Polonia, Estonia, Letonia ou Lituania, pero tamén outros como Ucraína e Xeorxia e, a república de Rusia.
Ucraína é un país moi grande, onde case a metade da poboación fala ruso como lingua materna e séntese conectado con Rusia. Había moita indecisión sobre o camiño que tiña que tomar Ucraína: ir á Unión Europea e occidentalizarse ou permanecer baixo a influencia de Rusia. Moitos ucraínos pensaron que era posible ter ambos.
Aproveitando unha crise política en Ucraína en 2014, con manifestacións e violencia na rúa, Vladimir Putin ordenou ás súas tropas invadir de forma anónima (sen uniforme) a península de Crimea, que formaba parte de Ucraína.
'Tarás Bulba', de Nikolai Gogol (1835)
É un libro no que Gogol narra as guerras entre cosacos e polacos en terras ucraínas, unha novela inspirada no seu tataravó. Esta novela foi motivo de controversia cando foi traducida ao ucraíno eliminando as referencias á patria rusa.

Comentarios
Publicar un comentario