A utopía é unha representación dunha idea ou sociedade na súa forma perfecta, ideal e sen fallos, pero afastase da realidade pola súa complexidade ou imposibilidade de levala á práctica por diversos factores.
Pola contra, distopía é o término oposto á utopía.
A distopía é un tipo de narrativa que está vinculada á anticipación da ciencia ficción. Sucede nun futuro moi cercano donde o mundo é perfecto e co tempo cambia a unha pesadelo . A distopía é exitosa en períodos de problemas. Trátase dunha utopía fallida, disfuncional.
A obra distópica máis famosa é “Un mundo feliz” de Aldous Huxley, que trata a distopía, unha sociedade futurista na que todos os individuos son pequenos engranaxes dun sistema estrictamente dividido en castas.
Podemos ver diferentes tipos de distopía:
Política: este tipo de distopía trata dos perigos de levar as ideoloxías políticas ao extremo, de establecer dogmas na sociedade. Na maioría dos casos, a literatura política distópica revela o totalitarismo, a perda da identidade individual e as regras sociais como ferramenta de opresión. Algúns exemplos son 1984, de George Orwell ou Os desposuídos, de Ursula K. Le Guin.
Científica e tecnolóxica: nestas distopías a sociedade está controlada por avances tecnolóxicos como videovixilancia, robots, intelixencia artificial, etc. O exemplo máis claro atopámolo na serie de Netflix Black Mirror. Durante o tres primeiras tempadas en cada capítulo explórase un concepto distópico baseado en avances tecnolóxicos ou científicos. Outros exemplos son Matrix, 1984, Eu robot, etc.
Intelectual: A dimensión intelectual é indispensable cando se trata de reducir unha poboación a un gran rabaño decrépito.
OBRAS DISTÓPICAS
“1984”, de George Orwell: para moitos é a mellor novela distópica pero tamén é a mellor novela de ciencia ficción.
“1984” é unha novela futurista publicada en 1949 despois da Segunda Guerra Mundial, nunha época marcada por réximes totalitarios.
Orwell, influenciado polo clima político, escribiu “1984” e “Rebelión en la granja” coa intención de advertir sobre os perigos deste tipo de gobernos.
Esta novela está centrada en Londres. Esto débese, nunha parte, a que Orwell quería demostrar que os gobernos totalitarios podían triunfar en calquera lugar, sempre e cando o pobo non loitara dende o comezo en contra deles.
Comentarios
Publicar un comentario